O pasado mes de Agosto tivo lugar unha xuntanza entre xente novel no mundo do graffiti da zona do Baixo Miño para pintar os bloques de hormigón da praia do Carreiro no porto de A Guarda. Baixo a temática «O mar» cada participante tiña liberdade creativa para facer a súa peza empregando spray como material principal.